A música, a lingua e a afectividade son o eixe desta experiencia, enriquecedora tanto para as crianzas como para as persoas adultas, que están a compartir 12 familias de Moaña, con crianzas de 3 meses a 3 anos, neste obradoiro musical de 10 sesións. Desenvólvese nas instalacións da Escola de Música Municipal de Moaña e impárteo unha das súas profesoras. Con cancións, recitados e xogos musicais axeitados para esta etapa da vida, buscamos a estimulación das nenas e dos nenos e o desenvolvemento da súa musicalidade, así coma o seu desenvolvemento integral. Coa axuda de diferentes obxectos, enriquecemos e apoiamos a experiencia musical, favorecendo tamén a relación coa familia e co grupo. Con actividades dinámicas e estimulantes, reforzamos lazos que xeren apego nas familias.

Un equipo do programa da TVG Fun polo aire veu gravar unha destas sesións, que podedes visualizar premendo aquí.

Pin It on Pinterest

Share This