dia-da-infancia-01

No Día Mundial da Infancia, o programa Apego quere lembrar que, entre os dereitos das crianzas, tamén están os dereitos lingüísticos. A adquisición do galego durante a primeira infancia pode ser garante de que entre correctamente dentro do seu desenvolvemento comunicativo e de que no futuro teñan liberdade para escoller. A liberdade de escolla só se pode dar se hai coñecemento e o coñecemento só se pode dar se hai condicións.

O programa Apego traballa para achegarvos apoio, recursos e actividades na fermosa tarefa da crianza en galego e co obxectivo máximo de que a lingua vaia camiñando cara á igualdade de oportunidades.

Sumádesvos?

 

Pin It on Pinterest

Share This